Artigo Acesso aberto Revisado por pares

O galego na producción de Emilia Pardo Bazán

2000; University of A Coruña; Volume: 1; Linguagem: Espanhol

10.17979/rgf.2000.1.0.5397

ISSN

2444-9121

Autores

Luis González García, M.a Rosario Soto Arias,

Tópico(s)

Historical and Modern Theater Studies

Resumo

O pouso que o galego deixa nalgúns autores que utilizan o castelán como lingua literaria, como foi o caso de Emilia Pardo Bazán, é innegable. Así, preséntase inicialmente a relación mantida pola escritora a respecto de Galicia, da súa realidade e da súa lingua. Aquí móstranse algúns feitos significativos e trazos culturais galegos, así como a postura da escritora ante o “dialecto” galego, que foxe dos conflitos e enfrontamentos. Pola súa parte, a autora realista opta na súa obra literaria por empregar a lingua castelá con galeguismos para caracterizar os personaxes campesiños; deste xeito, en lugar de alternar os dous idiomas, Bazán crea unha lingua mixta, con entrada de expresións puntuais que reflicten fenómenos gramaticais, fonéticos e léxicos galegos, dando lugar a un produto verosímil e cun dramatismo arredado do folclorismo.

Referência(s)