Artigo Acesso aberto Revisado por pares

O elemento árabe en galego (I)

2000; University of A Coruña; Volume: 1; Linguagem: Espanhol

10.17979/rgf.2000.1.0.5399

ISSN

2444-9121

Autores

Xavier Frías Conde,

Tópico(s)

Language, Linguistics, Cultural Analysis

Resumo

A atención ao elemento árabe en galego dista moito da longa traxectoria dos estudos arabo-románicos nas súas linguas irmás, polo que é unha das cuestións pendentes na lingüística galega. Nos poucos traballos existentes indícase a pegada efémera ou inexistente da presenza árabe, mais os arabismos no léxico e na toponimia son moi superiores ao que xeralmente se cre. Así mesmo, os estudos portugueses só son válidos parcialmente, porque cómpre saber qué vocábulos árabes son exclusivos do galego, cales son máis antigos e por que as formas galegas presentan solucións diferentes ás portuguesas, como é a antigüidade cronolóxica na entrada dos arabismos en galego. De feito, dentro do sistema lingüístico galego-portugués cumpriría diferenciar tres zonas (a galega, a portuguesa setentrional e a portuguesa meridional), que se corresponden coas distintas épocas de entrada do superestrato árabe no idioma.

Referência(s)