Disney e os contos de fadas: historia dun secuestro
2015; University of Santiago de Compostela; Issue: 2 Linguagem: Espanhol
10.15304/elos.2.2379
ISSN2386-7620
Autores Tópico(s)Literature, Culture, and Aesthetics
ResumoA historia do estudio Walt Disney Pictures non sería a mesma sen as adaptacións literarias. Dos cincuenta e catro filmes considerados “clásicos Disney”, corenta e catro parten dunha base escrita que a compañía versionou. E dentro destas adaptacións, especial importancia teñen os contos de fadas. Ao longo do tempo, a empresa viviu catro etapas particularmente brillantes: a finais dos anos trinta, a década dos cincuenta, o último decenio do século XX e o momento presente. Todas elas se iniciaron, sen excepción, levando á pantalla grande un conto protagonizado polas que pasaron a converterse en princesas disneysianas. O éxito destas películas foi tal que devoraron as versións anteriores -moitas delas mundialmente coñecidas- e as que prevalecen na actualidade son as que o estudio contou. ¿E como son esas versións? Edulcoradas, dulcificadas, simplistas e americanizadas son algúns dos adxectivos que os críticos empregan para definilas. Blancanieves, Pinocho, Bambi, Cenicienta e La bella durmiente son exemplos nos que podemos atopar estas características.DOI http://dx.doi.org/10.15304/elos.2.2379
Referência(s)