Os escritores galegos e o marxismo (1930-1938). O caso Felipe Fernández Armesto

1999; Editorial Galaxia; Issue: 1999 Linguagem: Espanhol

ISSN

1133-4533

Autores

Xesús Alonso Montero,

Tópico(s)

Spanish History and Politics

Resumo

Despois dunha introduccion sobre os escritores galegos e marxismo (1930-1938), na que se fai referencia a dezasete autores, estudiase o caso Felipe Fernandez autor de paxinas decididamente precomunistas, publicadas en Nueva Espana (Madrid) xa en 1930, ano no que Vicente Risco, en Berlin, escoita, atemoizado, as predicas marxistas e rusofilas de Lois Tobio e Fernandez Armesto, as deste moi afervoadas e contundente. Xa en colaboracions suas de El Pueblo Gallego (1928-1929) hai, aqui e ali, manifestacions de simpatia ou reconecemento as concepcions antiburguesas. Nestas datas (1929-1933) informa desde Alemana con duas plumas: a de Fernandez Armesto, a radical, e de Augusto Assia, para burgueses, para os lectores de Vanguardia de Barcelona. Son as datas nas que escribe unha especie de manifesto implacablemente antiburgues que publica no numero 1 de Bolchevismo, a revista teorica do Partido Comunista de Espana (marzo de 1932): La mision de la literatura proletaria revolucionaria en Espana. Vencellado Fernandez Armesto a creacion da Union de Escritores proletarios-revolucionarios, execrou, por burguesa, a obra literaria de Pio Baroja. Foi no Ateneo de Madrid a comezos de 1933, e, desde esta data -recen chegado de Moscova do enterro da segunda muller de Stalin-, nome de Fernandez Armesto desparece das paxinas e das actividades marxistas. Recibido polo xeneral Mola en setembro de 1936, axina a sua pluma vai quedar adscrita a seccion de Prensa do Goberno franquista, como precisa seu biografo C. Fernandez Santander. Desde ese ano a hoxe abundan as paxinas non so antisovieticas senon antimarxistas, algunhas co ardor propio dun converso.

Referência(s)