Artigo Acesso aberto

O galego como lingua de contacto co castelán riopratense: unha relación esquecida

2015; University of Santiago de Compostela; Volume: 8; Linguagem: Espanhol

10.15304/elg.8.2638

ISSN

1989-578X

Autores

Carsten Sinner,

Tópico(s)

Medieval Iberian Studies

Resumo

O contacto entre o galego e o español, dúas linguas iberorrománicas estreitamente emparentadas, ao contrario do que ocorre no caso do contacto do español con outras linguas, como o catalán, analizouse moi pouco. É aínda máis escaso o que se sabe sobre o contacto da lingua galega co español en América. A diferenza do que pode constatarse no caso do contacto con linguas inmigrantes como o italiano, o inglés, o francés, o alemán, ou ata o danés, en Arxentina, case non se considera o contacto entre estas linguas iberorrománicas. A contribución indaga, principalmente, no feito curioso de que o galego non atraeu nunca o interese dos estudosos arxentinos da lingüística ou da lingüística hispánica en xeral, nin da lingüística hispánica dedicada ao estudo da lingua nacional arxentina, o que se relacionará cos prexuízos culturais existentes no país riopratense para cos galegos. Despois, presentaranse uns casos de influxo lingüístico da lingua galega sobre o castelán de Arxentina. Como base da presentación serviron o baleirado da literatura lingüística existente e diferentes estudos empíricos realizados durante os últimos anos no seo do Grupo de Investigación de Contactos Lingüísticos entre Linguas Iberorrománicas, radicado no Departamento de Lingüística Aplicada e Translatoloxía da Universidade de Leipzig.

Referência(s)