Artigo Acesso aberto

A literatura galega nas gramáticas do século XIX

2016; University of Santiago de Compostela; Volume: 8; Linguagem: Espanhol

10.15304/elg.8.3197

ISSN

1989-578X

Autores

Teresa López,

Tópico(s)

Spanish Literature and Culture Studies

Resumo

Este traballo analiza pormenorizadamente a presenza da literatura nas gramáticas de Francisco Mirás (1864), Juan Cuveiro Piñol (1868), José Antonio Saco Arce (1868) e Marcial Valladares (1892, editada en 1970), con atención ao discurso sobre a literatura, ao uso de citas literarias e ás coleccións de textos. A análise das citas literarias permite concluír que a produción literaria contemporánea –fundamentalmente poética– non é utilizada para autorizar as propostas gramaticais senón para ser obxecto de censura ou comentario crítico, ocupando o espazo de autoridade a poesía popular como representación da lingua oral. As coleccións de textos, en espazos diferenciados e separados da descrición gramatical, servirán como elemento de lexitimación da reivindicación lingüística e identitaria e contribuirán para o proceso de canonización literaria.

Referência(s)