Artigo Acesso aberto Revisado por pares

Algunhas consideracións sobre o xénero gramatical e o sexismo lingüístico en galego

2000; University of A Coruña; Volume: 1; Linguagem: Espanhol

10.17979/rgf.2000.1.0.5396

ISSN

2444-9121

Autores

Xoán Carlos Lagares,

Tópico(s)

Gender Studies in Language

Resumo

O xénero é unha categoría gramatical que clasifica os nomes en masculinos ou femininos, permitíndolle crear relacións de concordancia; porén, en ocasións este morfema flexivo gramatical expresa unha determinada oposición semántica. Neste traballo vense os diversos modos de expresar o contido semántico do sexo na lingua galega e a relación estabelecida entre esta dimensión significativa e a categoría gramatical do xénero. Posteriormente, tenta delimitarse o concepto de sexismo lingüístico tendo presente o carácter non biunívoco da relación entre xénero gramatical e sexo. E, en último lugar, ofrécese unha proposta reflexiva sobre a linguaxe non sexista, reparando non só nas formas lingüísticas en si senón tendo ten conta os significados que adquiren.

Referência(s)
Altmetric
PlumX