Artigo Acesso aberto

Os sufixos nominais diminutivos -et-e / -et-a, -uc-o / -uc-a e -ech-o / -ech-a na fala de Castrelo do Val

2017; University of Santiago de Compostela; Volume: 9; Linguagem: Espanhol

10.15304/elg.9.3867

ISSN

1989-578X

Autores

Aquilino Santiago Alonso Núñez,

Tópico(s)

Linguistics and language evolution

Resumo

Esta investigación céntrase nos sufixos nominais diminutivos -et-e / -et-a, -uc-o / -uc-a e -ech-o / -ech-a na fala galega do municipio de Castrelo do Val (Ourense) e ten en conta o resto do galego —incluídos os topónimos e os datos dalgúns corpus medievais—, o portugués e o castelán. Estes últimos datos serven de contraste coa investigación de observación participante realizada nunha fala concreta e ademais algúns deles permiten a introdución da perspectiva histórica. No estudo utilizouse un concepto dinámico da formación de palabras, que contempla tanto as palabras existentes como a dispoñibilidade que teñen os falantes para a creación de novas palabras con cada sufixo investigado. En conclusión, -et-e utilízase como diminutivo dun xeito parecido ó do galego común, -uc- existe como diminutivo residual e -ech- ten máis restricións de uso ca no galego común.

Referência(s)