Artigo Acesso aberto

Novas prácticas culturais en Portugal: Trinta Por Uma Linha e Tropelias & Companhia

2018; University of Santiago de Compostela; Issue: 5 Linguagem: Espanhol

10.15304/elos.5.4122

ISSN

2386-7620

Autores

Sara Raquel Reis da Silva, María Eulalia Agrelo Costas,

Tópico(s)

Literacy and Educational Practices

Resumo

Despois de facer unha serie de alusións ao contexto editorial portugués no relativo á Literatura Infantil e Xuvenil tras o remate da ditadura de Salazar, aproxímanse ao termo de axente cultural, no que inscriben o proxecto Trinta Por Uma Linha e o seu impulsor, João Manuel Ribeiro, investigador, estudoso e docente do ensino superior, ademais de ser un recoñecido poeta e contista. Sinálase que os catálogos dos dous selos que acolle, Trinta Por Uma Linha e Tropelias & Companhia, revelan un serio e documentado investimento no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil, a través da publicación de volumes da autoría dalgúns dos nomes portugueses máis representativos deste sistema literario e incluso doutros en proceso de emerxencia. Estes títulos engloban relevantes series, caso de “Rimas Traquinas”, e propoñen unha importante, a única do xénero en Portugal, colección de estudos ao redor da literatura para os máis novos, a colección “Percursos em Literatura Infantojuvenil”. Sublíñase tamén a resistencia destes selos por non caer ante as difíciles condicións económicas derivadas da crise e por continuar a cumprir unha importante función divulgativa e formativa.

Referência(s)