Un instrumento innovador para defragmentar a propiedade? A permuta entre múltiples participantes e a percepción dos gandeiros
2018; University of Santiago de Compostela; Issue: 13 Linguagem: Espanhol
10.15304/rr.id5055
ISSN2255-5994
AutoresNieves Perez Rodríguez, Eduardo Corbelle Rico, Francisco J. Onega López,
Tópico(s)Land Rights and Reforms
ResumoNeste traballo explórase a viabilidade dun proceso de permuta de uso das parcelas entre múltiplesparticipantes como ferramenta para reducir a fragmentación do uso da terra e mellorar a estrutura parcelaria das explotacións. Trátase de identificar os criterios e variables máis relevantes a hora de realizar un proceso deste tipo, desde a perspectiva das explotacións de gando vacún, co obxectivo adicional de que o coñecemento xerado sirva de base para o deseño de ferramentas informáticas de apoio. A través da realización de entrevistas e a análise cualitativa dos resultados obtidos, quedou patente que a marxe de mellora da base territorial das explotacións existe e que a práctica da permuta non é totalmente allea ao sector. O traballo permitiu explorar cales serían as principais vantaxes e inconvenientes dun proceso destas características desde a perspectiva dos seus potenciais beneficiarios.
Referência(s)