Artigo Acesso aberto Revisado por pares

Falocentrismo e heteronormatividade na tradución: de como varren as mulleres e as lesbianas da historia cun golpe de penæ

2006; University of A Coruña; Volume: 7; Linguagem: Espanhol

10.17979/rgf.2006.7.0.5300

ISSN

2444-9121

Autores

Robert Neal Baxter,

Tópico(s)

Gender Studies in Language

Resumo

Este artigo interdisciplinar parte de estudos baseados na tradución como ferramenta metodolóxica para indagar na maneira en que as/os tradutoras/es entendidas/os como usuarias/os arquetípicas/os da linguaxe poden proxectar mediante o uso inapropiado da linguaxe normas heterosexistas socialmente dominantes sob o pretexto de seren de interpretacións neutrais.Máis especificamente, aborda a cuestión das normas androcéntricas que rexen a linguaxe e que levan, por forza, a estereótipos sexuais e de xénero no xeral e ao heterosexismo en particular. Alén de analizar instancias nas que a tradución ten sido utilizada de maneira consciente para censurar papeis de xénero que se sitúen fóra das normas falocéntricas, e máis especialmente a sexualidade feminina, dentro do cadro teórico de xénero latente (covert) face axénero patente (overt) asociado cos conceptos relacionados de denotación e connotación semántica, o artigo afunda na maneira en que poden ser útiles exercicios baseados na tradución construídos ao redor de pares de linguas que non marcan o xénero gramaticalmente con outras que si o marcan de maneira obrigatoria para así tornar visíbeis calquera preconceptos até inclusive inconscientes por parte das/os propias/os tradutora/es. A un nivel xa máis amplo, o artigo tenta desvelar as potenciais implicacións que leva parello a tradución como un medio que serve para censurar non só sexualidades socialmente marxinalizadas senón tamén para proxectar determinadas visións ideoloxizadas do que se entende como normal ou non, o que leva á necesidade de as tradutoras e os tradutores se tornaren máis conscientes e responsábeis a respecto das súas propias expectativas social e culturalmente condicionadas.

Referência(s)