Análise paratradutiva das diferentes edicións do Manifesto do Partido Comunista ao galego: a ideoloxía das marxes
2018; University of A Coruña; Volume: 19; Linguagem: Espanhol
10.17979/rgf.2018.19.0.4945
ISSN2444-9121
Autores Tópico(s)Galician and Iberian cultural studies
ResumoEste artigo presenta o concepto de ‘paratexto’ e a súa utilidade práctica aplicada á análise tradutolóxica, concretamente sob o modelo de ‘paratradución’ acuñado e desenvolvido na Universidade de Vigo. Este marco teórico serve como ferramenta para analizar as oito versións do Manifesto do Partido Comunista publicadas en galego para tentar dilucidar cales poden ser as súas pretendidas funcións latentes, para alén da simple función comunicativa interlingüística. O artigo conclúe incidindo na importancia que teñen os paratextos para entender un texto traducido na súa globalidade, ao recalcar que, se ben se trata dunha mesma obra orixinal de partida, existen elementos que condicionan a recepción de cada tradución que as torna textos diferentes.
Referência(s)