Artigo Acesso aberto Revisado por pares

Investigación de Ecoloxía Escolar nunha pradaría de Zostera nolteii

2019; University of Santiago de Compostela; Issue: 29 Linguagem: Espanhol

10.15304/ie.29.6342

ISSN

2340-0056

Autores

Francisco Sóñora Luna, Emilio Fernández, Carlota Barañano Carrión, Aitor Méndez,

Tópico(s)

Marine and coastal plant biology

Resumo

Analízase a situación da pradaría de Zostera nolteii do banco de marisqueo de bivalvos de Testal (Noia), mediante a investigación desenvolvida por escolares, coa dirección de científicos. A finalidade do programa de Ciencia Escolar de Climántica é contribuír ao coñecemento científico mediante a obtención de series de datos útiles para a realización de investigacións de interese a escala local. Neste caso, analizouse a relación existente entre as abundancias de bivalvos de interese comercial e a presenza da fanerógama Zostera nolteii co obxectivo de capacitar aos alumnos para facer ciencia sobre os impactos humanos sobre os servizos ecosistémicos máis relevantes da súa contorna. Con esta colaboración entre Ciencia e Escola, conseguiuse aumentar a competencia científica do alumnado, ao tempo que se realizaron transferencias bidireccionais ciencia – escola no eido da investigación e educación sobre o cambio global.A actividade que se describe neste traballo ten como obxectivo xeral coñecer a relación existente entre a diversidade de organismos animais do banco do Testal e a presenza e distribución espacial da fanerógama Zostera nolteii, para así entender o seu papel como xeradora de estructura no ecosistema intermareal de sustrato brando.

Referência(s)
Altmetric
PlumX