Artigo Acesso aberto

Abby Kaplan. <i>Women Talk More than Men... And Other Myths about Language Explained</i>. Cambridge, United Kingdom: Cambridge University Press. 2016. 310 pp.

2020; University of Santiago de Compostela; Volume: 12; Linguagem: Espanhol

10.15304/elg.12.6665

ISSN

1989-578X

Autores

Tatiana Seijo Rodriguez,

Tópico(s)

Language, Discourse, Communication Strategies

Resumo

deléitanos cun libro instrutivo, moi claro e aconsellábel, non só para persoas con intereses lingüísticos senón tamén para calquera tipo de público con formación universitaria.É indubidábel que as ideas presentadas nos axudan a complementar a nosa información no ámbito da investigación en ciencias sociais, con especial atención ás disciplinas lingüísticas.Primeiramente, un dos principais obxectivos do volume é analizar e desmentir mitos e crenzas convencionais sobre algúns usos lingüísticos.En palabras de Kaplan: "we will put a special focus on debunking language myths" (p.2).O segundo obxectivo é observar como se planifican e desenvolven os estudos de investigación lingüística, para achegar unha idea clara á audiencia sobre o traballo que se realiza nesta disciplina e ciencias afíns.Así, por exemplo, no capítulo 2, aborda a crenza de un dialecto non ser outra cousa ca unha colección de erros gramaticais, explícase o interese e o sentido da abordaxe das análises sintácticas (sección 2.2.1), e no capítulo 8, o dedicado ao mito de que as mulleres falan máis ca os homes, a autora explica en detalle cando e como se realizan os estudos etnográficos (apartado 8.2.1.).En canto á organización do libro, o contido está dividido en 3 partes e 11 capítulos.Para comezar, atopámonos cunha breve introdución, seguidamente, cos tres bloques temáticos, nos que se tratan temas relacionados con mitos lingüísticos e, finalmente, cun apéndice con información sobre procedementos estatísticos.Para esta recensión só imos deternos en dous capítulos da Parte III, mais citaremos as demais partes para ter unha idea global do conxunto do libro.É de mencionar que cada capítulo desenvolve a mesma estrutura: comézase describindo o tema tratado dun xeito xeral e séguese cun estudo de caso (Case study), que examina publicacións concretas sobre ese tema, avaliando os progresos e os resultados.Existe tamén unha sección para máis reflexión (For further reflection), con exercicios recomendados para consolidar o aprendido ao longo das seccións anteriores, e, para rematar, outra dedicada a lecturas complementarias (For further reading), que recomenda outras lecturas de interese.A parte I trata cuestións sobre a linguaxe de signos, a linguaxe animal e a concepción de que os dialectos son compilacións de erros, ou, dito doutro xeito, unha visión errada da lingua; tres capítulos contidos baixo o título xenérico "...But it is language".Na parte II, Kaplan desmonta algúns dos mitos máis espallados sobre adquisición e aprendizaxe de linguas.Aborda tres asuntos: a

Referência(s)