Artigo Acesso aberto Revisado por pares

Un ajuste de cantos: a lírica trobadoresca e a renegociación dos roles de xénero na poesía portuguesa contemporánea

2020; University of Santiago de Compostela; Issue: 57 Linguagem: Espanhol

10.15304/bgl.57.7147

ISSN

2174-4025

Autores

Paulo Pereira,

Tópico(s)

Medieval Iberian Studies

Resumo

Mesmo que intermitente, a presenza da memoria trobadoresca na poesía portuguesa dos séculos XX-XXI permite identificar un continuum intertextual que non deixa dúbidas sobre a impresionante posteridade do repertorio poético medieval. A resemantización da tradición lírica peninsular da Idade Media –e, en particular, da cantiga de amigo–, ilustrada polas súas moitas reescrituras contemporáneas, documenta a plurifuncionalidade –retórica, ideolóxica, simbólica– dunha poesía que non deixou de interpelar creativamente, alén daquel que foi o seu tempo de vixencia histórico- periodolóxica. No presente artigo, partindo da análise de poemas seleccionados de autoras portuguesas contemporáneas de diferentes xeracións, discútese o modo como, a través das réplicas poéticas que todas concibiron para as cantigas de amigo, conseguen deconstruír a “política sexual” do xénero medieval, converténdoo en vehículo dun gender trouble contemporáneo.

Referência(s)
Altmetric
PlumX