fronteira galego-portuguesa. Actitudes e percepcións lingüísticas
2020; Issue: 38 Linguagem: Espanhol
10.32766/cdl.38.754
ISSN2603-6975
Autores Tópico(s)Cross-Border Cooperation and Integration
ResumoA fronteira galego-portuguesa conta cunha riqueza cultural que a fai exclusiva. Durante décadas, ambos os lados da raia estiveron fortemente ligados, con sistemas económicos interdependentes e con relacións sociais constantes. Esta interacción constante provocou que a lingua falada a un lado e outro da raia comparta características que a fan identificarse como a mesma. As propias relacións sociais poderán explicar o porque das percepcións e actitudes que teñen galegos e portugueses da comunidade veciña. Esta investigación fundaméntase nun traballo de campo desenvolvido na comarca galega de Verín e no distrito portugués de Vila Real, territorios limítrofes. A través das declaracións dos falantes tentouse analizar ata que punto as actitudes e as percepcións lingüísticas son reflexo das propias relacións sociais entre galegos e portugueses.
Referência(s)