
Parques eólicos e rede natura: unha análise desde o marco da xustiza enerxética para o caso da serra do xistral
2022; University of Barcelona; Volume: 26; Issue: 1 Linguagem: Espanhol
10.1344/sn2022.26.39404
ISSN1138-9788
AutoresDamián Copena Rodríguez, Xavier Simón Fernández,
Tópico(s)Water-Energy-Food Nexus Studies
ResumoGalicia é un territorio cun forte desenvolvemento da enerxía eólica. A instalación de parques eólicos tivo lugar rapidamente afectando a espazos con relevancia ambiental. Este feito é especialmente importante no caso da Serra do Xistral, un espazo que forma parte da Rede Natura 2000 e que conta con hábitats prioritarios, especialmente os vinculados coas turbeiras. O presente traballo analiza, a partir do marco da xustiza enerxética, como foi o proceso de desenvolvemento eólico neste espazo natural facendo fincapé en dúas compoñentes do marco analítico: a xustiza procedimental e a xustiza distributiva. Deste xeito, o traballo identifica e caracteriza os parques eólicos que se atopan dentro do espazo protexido, estuda os procedementos e a participación pública nas avaliacións ambientais dos parques eólicos proxectados dentro da Serra do Xistral e discute sobre as implicacións ambientais das políticas públicas no desenvolvemento de parques eólicos na Rede Natura.
Referência(s)