Como ensinar a lingua e a literatura galega a través dos refráns
2022; Issue: 22 Linguagem: Espanhol
10.52740/cfg.22.22.04.00012
ISSN2605-4507
AutoresLuis González García, Carmen Mellado Blanco E, Isabel González, Que Agradezo, Luis González Fernández, García Como,
Tópico(s)linguistics and terminology studies
ResumoNeste traballo analízanse as posibilidades que ofrece o refraneiro no ensino da lingua en contornos escolares obrigatorios, especialmente no ensino secundario. Nun primeiro momento inténtase enmarcar o refrán con respecto a outros tipos de unidades fraseolóxicas (colocacións, locucións, fórmulas, mesmo citas), para determinar as súas peculiaridades neste ámbito. De seguido, analízanse as características dos refráns desde o punto de vista lingüístico para determinar se, de acordo con esas propiedades intrínsecas, a lingua das paremias pode ser considerada como modelo de ensino da lingua común. Finalmente, na última parte do artigo, ofrécense actividades encamiñadas ao desenvolvemento da competencia paremiolóxica do alumnado (para que poida acadar o mínimo ou o óptimo paremiolóxico) así como exercicios nos que se aproveitan os refráns para a mellora da competencia lingüística e literaria. Trátase de actividades organizadas segundo diferentes parámetros: léxico, gramática, semántica, pragmática, variación lingüística, multimodalidade, figuras literarias etc.
Referência(s)