Artigo Acesso aberto Revisado por pares

GARCÍA RODRÍGUEZ, Joseph (2020): La fraseología del español y el catalán. Semántica cognitiva, simbolismo y contrastividad. Frankfurt am Main: Peter Lang (Studien zur romanischen Sprachwissenschaft und interkulturellen Kommunikation. Heraugegeben von Gerd Wotjak, José Juan Batista Rodríguez und Dolores García Padrón, Band 150). ISBN 978-3-631-82445-0, 308 páxinas

2022; Issue: 22 Linguagem: Espanhol

10.52740/cfg/22.22.11.00019

ISSN

2605-4507

Autores

Manuel José Aguilar Ruiz,

Tópico(s)

Linguistic research and analysis

Resumo

O obxectivo do estudo aquí recensionado, La fraseología del español y el catalán: semántica cognitiva, simbolismo y contrastividad, de Joseph García Rodríguez, é o de ofrecer unha interesante análise cognitivo-contrastiva de unidades fraseolóxicas españolas e catalás conformadas polos naturismos 2 agua/aigua, aire, fuego/foc e tierra/ terra como compoñente léxico 3 , os cales, fronte a outros elementos léxicos como os cromatismos, somatismos e zooloxismos, recibiron ata o momento máis ben escasa atención por parte dos estudosos.O feito de que a análise se centre nos naturismos queda xustificado porque esta pode proporcionar valiosa e abundante información lingüístico-cognitiva para comprender a relación que se establece entre mente humana-linguaxe-experiencia vital, mentres que a selección destas catro pezas léxicas concretas en español e catalán fundaméntase en que se atopan entre as 10 000 palabras máis empregadas na lingua española, segundo a listaxe de frecuencias de uso do corpus CUMBRE.Como se aclara na introdución (páxs.15-18), para a extracción de datos empregáronse ata 57 fontes distintas, das que a maioría supoñen dicionarios de distinto tipo (dicionarios xerais monolingües, tanto do español como do catalán; dicionarios bilingües, combinatorios, fraseolóxicos en español e en lingua catalá etc.), pero tamén corpus textuais do español, bases de datos electrónicas e portais lingüísticos.Este labor de documentación e extracción

Referência(s)
Altmetric
PlumX