Adolfo Revuelta Fernández, o “Tissié español”: a súa etapa en Santiago de Compostela (1903-1923)
2022; Volume: 26; Linguagem: Espanhol
10.17979/srgphe.2022.26.0.9238
ISSN2659-9589
Autores Tópico(s)Sports and Physical Education Studies
ResumoAdolfo Revuelta Fernández (1867-1935) graduouse na Escola Central de Ximnástica en 1889. Entre 1903 e 1923 exerceu de profesor da disciplina de Ximnasia no Instituto de Santiago e na Escola Normal. Introduciu as prácticas deportivas en Compostela, organizou as primeiras competicións e creou o primeiro club deportivo. Na súa cátedra no Instituto innovou a metodoloxía do ensino da Ximnasia aplicando o sistema sueco segundo a proposta desenvolvida polo doutor francés Philippe Tissié. Afondou nese modelo dedicando unha especial atención ao ámbito da educación física da muller. Divulgou as súas experiencias educativas a través de artigos, escritos e conferencias, ademais de promover ao longo de toda a súa vida a saúde e as prácticas físicas. Introduciu o movemento de exploradores (scoutismo) en Santiago e organizou e participou en múltiples das súas actividades. Na etapa final da súa traxectoria docente puxo a súa bagaxe compostelá ao servizo de iniciativas pioneiras, como o Curso Civil de Especialización en Educación Física para Mestras e Mestres na Escola Normal Central.
Referência(s)