Artigo Acesso aberto Revisado por pares

PLA COLOMER, Francisco Pedro e VICENTE LLAVATA, Santiago (2020). La materia de Troya en la Edad Media hispánica. Historia textual y codificación fraseológica. Madrid: Iberoamericana. ISBN 978-84-9192-151-6, 278 pp.

2022; Issue: 23 Linguagem: Espanhol

10.52740/cfg.22.23.19.00045

ISSN

2605-4507

Autores

Nuria García García,

Tópico(s)

Linguistics and language evolution

Resumo

O interese da obra que aquí presentamos vén, en gran medida, por algo que sinalan os propios autores: «El análisis estilístico y contrastivo de la fraseología representada en los textos peninsulares de materia troyana constituye un ámbito de estudio inédito e inexplorado en el campo de la Filología hispánica» (p.15).Por outra parte, tamén está no feito de tratar precisamente a materia de Troya, «uno de los universos textuales de mayor longevidad e influencia en la configuración simbólica de la civilización occidental» (p.243).Alén disto, cómpre mencionar a relevancia que supón que Pla Colomer e Vicente Llavata conxuguen a literatura coa lingua, algo que fai deste libro un texto particular: a pesar da separación habitual que se fai destas áreas, estes investigadores reúnen aquí ambos os eidos a través dunha análise da fraseoloxía nos textos da península Ibérica da materia de Troia, é dicir, unen a codificación fraseolóxica xunto á historia textual.A través dunha metodoloxía inspirada na tradición filolóxica desenvolvida desde comezos do século XX no contexto filolóxico de ámbito hispánico, e ao tempo que pretenden superar esa división estéril neses dous grandes ámbitos do saber (lingua e literatura), os autores desta obra propóñense un dobre obxectivo: establecer, a través do estudo contrastivo da fraseoloxía, un mapa preliminar das liñas de filiación textual tanto nun sentido vertical como tamén horizontal entre as testemuñas de materia troiana da península Ibérica e explicar diacronicamente como se foron institucionalizando algunhas das combinacións locucionais desta tradición (p.16).

Referência(s)
Altmetric
PlumX