A aprendizaxe do italiano L4 a partir do francés L2 para estudantes adultos de fala turca: o caso das colocacións «fare + substantivo» e «fare + determinante + substantivo»
2022; Issue: 23 Linguagem: Espanhol
10.52740/cfg.22.23.01.00027
ISSN2605-4507
AutoresMariangela Albano, Emine Alkaya,
Tópico(s)Historical Linguistics and Language Studies
ResumoEste estudo describe a influencia que exerce o francés L2 na aprendizaxe de italiano L4 por parte de estudantes adultos de fala turca nun contexto universitario. O noso estudo céntrase, concretamente, na interpretación e tradución de trece colocacións italianas do tipo «fare + substantivo» e «fare + determinante + substantivo». Describimos e analizamos as decisións tradutolóxicas destas colocacións baseándonos na lingüística analóxica (Hofstadter 1995; Gentner et al., 2001; Monneret, 2011 e 2018) e na semántica cognitiva (Lakoff e Johnson, 1980 e 1999). O noso propósito é destacar a importancia de empregar unha lingua franca, coma o francés, para fomentar a aprendizaxe das construcións fraseolóxicas italianas ante un público de fala turca.
Referência(s)