Artigo Acesso aberto Revisado por pares

A fraseoloxía colocacional no Dictionnaire françois de César-Pierre Richelet (1680)

2022; Issue: 23 Linguagem: Espanhol

10.52740/cfg.22.23.02.00028

ISSN

2605-4507

Autores

Cosimo De Giovanni,

Tópico(s)

Linguistics and Discourse Analysis

Resumo

Este artigo, como indica o seu título, ten por fin presentar o estado da fraseoloxía colocacional no Dictionnaire françois de César-Pierre Richelet (1680). Despois de facer unha breve introdución ó nacemento do primeiro dicionario monolingüe francés e á terminoloxía fraseolóxica presente na súa estrutura, analizaremos o tratamento das informacións colocacionais tomando en conta a súa modalidade de inserción na microestrutura, as formas baixo as cales aparecen e o acceso á información colocacional a partir dun dos dous elementos que a compoñen. Ó aplicar unha análise formal e semántica ás estruturas colocacionais da nosa mostra (as entradas da letra A), constatamos a presenza dos tres tipos principais de colocacións propostos por Tutin e Grossmann (2002). Ademais, dada a natureza enciclopédica do dicionario, unha parte da análise dedicouse especificamente ás colocacións especializadas, que aparecen no Richelet de xeito abundante.

Referência(s)
Altmetric
PlumX