Artigo Acesso aberto Revisado por pares

A navegante e a vaidosa: reescrituras de Penélope e Helena na literatura galega

2022; University of A Coruña; Volume: 23; Linguagem: Espanhol

10.17979/rgf.2022.23.0.9111

ISSN

2444-9121

Autores

Marta Mariño Mexuto,

Tópico(s)

Literary and Cultural Studies

Resumo

Nos últimos tempos, as reescrituras mitolóxicas que tratan de introducir aspectos ideolóxicos opostos aos do mito tradicional son moi frecuentes. As reinterpretacións feministas son especialmente abundantes e, entre elas, a personaxe de Penélope resulta moi popular. Penélope ben se cansa de esperar por un Ulises en moitas ocasións mediocre, ben quere viaxar ela mesma ou opta por unha solución que non sacrifique a súa independencia. Mentres que Penélope se transforma en icona feminista, Helena de Troia, a personaxe que tradicionalmente representou o seu contrapunto, aínda non viu a súa imaxe rehabilitada. Neste aspecto, a literatura galega non é unha excepción: Penélope aparece na obra de autores relevantes, como Álvaro Cunqueiro, Xohana Torres ou mesmo Rosalía de Castro, que lle conceden un alto valor simbólico ou a transforman en dona do seu destino. Porén, as obras que inclúen a Helena son moito máis escasas e, nelas, a esposa de Menelao segue a representar a vaidade inextricablemente unida á beleza física.

Referência(s)