Fina Casalderrey, exemplo de mestra e escritora a prol da educación literaria, o fomento de valores e a Literatura Infantil e Xuvenil
2023; University of Santiago de Compostela; Linguagem: Espanhol
10.15304/elos.10.9267
ISSN2386-7620
Autores Tópico(s)Galician and Iberian cultural studies
ResumoRealízase unha achega biobibliográfica á figura da autora clásica contemporánea galega Fina Casalderrey, reparando nas principais liñas temáticas da súa produción narrativa infantil e xuvenil para o desenvolvemento da educación literaria. Na narrativa xuvenil salientan a ficción científica, as problemáticas adolescentes e o misterio; mentres que a narrativa infantil se clasifica en oito categorías temáticas: respecto aos animais, relacións familiares, temas tabús, descuberta do mundo, problemáticas sociais, aprendizaxe vital, defensa da natureza e misterio. Conclúese que o éxito da longa traxectoria literaria de Casalderrey a sitúa no centro do canon da Literatura Infantil e Xuvenil galega, grazas a unha poética propia e singular, que se caracteriza pola naturalidade, linguaxe sinxela, inxenuidade, tenrura e humor. O estudo complétase cunha entrevista na que a escritora profunda nalgunhas cuestións da súa vida persoal e profesional e da súa faceta literaria.
Referência(s)