Artigo Acesso aberto Revisado por pares

Da Italorromania dos séculos IX-X á Iberromania do século XII: escritura e reescritura do motivo Fui eo, madre... na cantiga de amigo

2023; University of A Coruña; Volume: 24; Linguagem: Espanhol

10.17979/rgf.2023.24.0.9861

ISSN

2444-9121

Autores

Mariña Arbor Aldea,

Tópico(s)

Medieval and Early Modern Iberia

Resumo

Neste traballo celébrase o artigo publicado en 2022 por Vittorio Formentin e Antonio Ciaralli en que se edita e se estuda con gran coidado o que até agora é o primeiro e único fragmento coñecido da lírica das orixes (séculos IX-X): Fui eo, madre, in civitate, vidi onesti iovene, / c̻al̻ced̻u̻r̻. A partir deste ensaio, e seguindo o camiño que marcan os dous filólogos italianos, analízanse varias mostras do xénero de amigo que conteñen o segmento inicial da canción procedente da Italorromania, mostrando como emerxe naquelas o motivo do ir, ver e, posteriormente, referir á madre as propias inquedanzas amorosas. Ademais, abórdase a cronoloxía e o estatuto social dos trobadores que empregaron o tema, indicándose como este coñece diversas fases no seu cultivo na área galego-portuguesa, que poden pasar por, primeiro, a súa “escritura”, o seu cultivo “per se”, e, despois, por un proceso de “reescritura” en que converxe con outros elementos temático-retóricos e léxicos característicos dun grupo moi selecto de autores, que fican, así, vinculados entre si.

Referência(s)
Altmetric
PlumX