Artigo Acesso aberto Revisado por pares

representación en Buenos Aires dun fragmento d'O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte no marco dun festival de apoio aos sublevados franquistas

2023; University of Barcelona; Issue: 12 Linguagem: Espanhol

10.1344/abriu2023.12.7

ISSN

2014-8534

Autores

Carlos Caetano Biscainho Fernandes,

Tópico(s)

Galician and Iberian cultural studies

Resumo

Neste artigo dáse a coñecer a utilización por parte dos denominados Cruzados de Santiago do texto dramático dos nacionalistas galegos Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte nun acto de exaltación dos golpistas franquistas, celebrado en Buenos Aires en 1937, en que se apoiaba economicamente a Junta de Burgos. Para alén de pór en contexto este tipo de festivais en que tiña cabida o teatro galego, identifícanse os seus protagonistas –quer o colectivo promotor, quer os dramaturgos e intérpretes que protagonizaron eses eventos–, estúdanse os procesos de esvaciado da reivindicación galeguista presente nos títulos dramáticos empregados polos franquistas galaicos da capital arxentina e, para concluír, pesquísanse as prevencións tomadas polos escritores galegos –con Antón Vilar Ponte á cabeza– para que non se desen este tipo de usos espurios das súas creacións literarias, ben como a imposibilidade de actuaren neste sentido a partir do golpe de Estado e a declaración da guerra civil española.

Referência(s)
Altmetric
PlumX