O devir terrano do Casino de Carballo: Como vivir xuntos na fin do mundo
2024; University of Barcelona; Volume: 27; Issue: 4 Linguagem: Português
10.1344/sn2023.27.39470
ISSN1138-9788
Autores Tópico(s)Galician and Iberian cultural studies
ResumoO Casino 1889 é unha histórica institución de recreo situada no centro de Carballo (A Coruña). En 2018, cando parecía abocado ao peche, un grupo de persoas novas da vila tomaron conta do espazo. Conformaron unha nova directiva e iniciaron un proceso de transformación que converteu o Casino nunha sorte de centro social autoxestionado. Pouco tempo despois, unha sociedade inmobiliaria instou á entidade a desaloxar o espazo, considerando extinguido o contrato de arrendamento. Porén, o Casino intensificou a súa actividade cultural e iniciou un litixio xurídico. Partindo dunha orientación decolonial, e coa idea da fin do mundo como pano de fondo conceptual, este artigo pensa esa experiencia de ocupación como unha indagación colectiva sobre a arte de vivir xuntos nunha época incerta e, ao mesmo tempo, formula unha proposta teórica coa que reimaxinar o papel das periferias urbanas nos imaxinarios xeográficos críticos.
Referência(s)