autorepresentación da identidade galega na música actual
2024; University of Barcelona; Issue: 13 Linguagem: Espanhol
10.1344/abriu2024.13.10
ISSN2014-8534
Autores Tópico(s)Medieval Iberian Studies
ResumoBúscase analizar as autorepresentacións da identidade (nacional, de xénero, etc.) nas propostas actuais da música galega, entre o lúdico e o serio, entre o antagonismo e o estereotipo. Na tendencia neotradicional observamos unha autorepresentación desde a heteronomía, coma se a subalternidade, seguindo a Bhabha, se pensase conformándose a través da mirada do suxeito hexemónico. Aparece exotismo, misterio, a encarnación do estereotipo galego arcaico xunto coa imaxe promovida no exterior pola publicidade institucional, Galicia como unha mestura entre tradición e progreso, entendido como comodidade (antropolóxica). Ao carón da confortabilidade do moderno, da certa posibilidade de domesticación que implica, o elemento épico está presente, acentuando os elementos de territorio por descubrir ou dominar. Fronte a isto, vemos outras propostas próximas postirónicas. Búscase analizar as autorrepresentacións da identidade, nacional e de xénero, nalgunhas propostas da música popular galega das últimas dúas décadas, atopando espazos entre o estereotipo e o antagonismo. A escolla céntrase na esfera máis alternativa ou underground, onde parece darse unha vontade de autorrepresentación na que o suxeito, individual e colectivo, atravesado ou constituído por diversos estratos ou seccionalidades, intenta pensarse a si mesmo. Aquí enténdese que esa deconstrución implica, de xeito máis ou menos explícito, a desestabilización do que se deu en chamar desperiferización.
Referência(s)