Artigo Acesso aberto Revisado por pares

Metafraseoloxía no ámbito croata

2024; Issue: 25 Linguagem: Espanhol

10.52740/cfg.23.25.05.00075

ISSN

2605-4507

Autores

Alejandro Martínez Vicente, Ivana Lončar,

Tópico(s)

Galician and Iberian cultural studies

Resumo

O obxectivo da presente contribución é ofrecer un breve panorama da terminoloxía fraseolóxica en croata. Partindo da historia das investigacións fraseolóxicas en Croacia, os autores intentan reunir os principais termos que se refiren tanto ás disciplinas como as súas unidades de estudo. Ademais, extráense e recompílanse ditos termos de diversas fontes e establécense equivalencias terminolóxicas entre croata, español e galego. As discrepancias que se atopan entre estes idiomas por unha parte son debidas ás distintas tradicións nas que se apoian os estudos fraseolóxicos, así como ós distintos camiños que toman as investigacións e, por outra, a diferenzas tipolóxicas entre as linguas románicas e eslavas que impiden a formación de certos compostos. Ó final do artigo, en forma de apéndice, inclúense tres glosarios, cada un cunha das tres linguas como idioma de partida: croata-galego-español, español-galego-croata e galego-español-croata, o primeiro destes consta de 40 termos e os dous restantes teñen un total de 54 e 52 respectivamente.

Referência(s)
Altmetric
PlumX